17.1.19




EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DOS DIARIOS DE VIAXE DO NOSO ALUMNADO NO REINO UNIDO

Ao largo dos meses de novembro e decembro  estiveron expostos na nosa biblioteca os diarios elaborados para as súas clases de inglés polos alumnos e alumnas de 4º da ESO asistentes ao programa P.I.L.I. (Programa de Inmersión Lingüística en Inglés). Este programa, organizado cada ano polo concello de Vigo en diferentes ciudades británicas, levou as mozas e os mozos do I.E.S. Alexandre Bóveda a coñecer en 2018 a localidade de Norwich situada no condado de Norfolk no este de Inglaterra.




 


A través de estes diarios o noso alumnado ten a oportunidade de reflexionar sobre a súa experiencia británica: unha nova escola, novos colegas e amizades, unha nova familia. Un feixe de novedades que, xunto coa inmersión lingüística que caracteriza a este programa educativo, será unha emocionante aventura para moitos destes novos viaxeiros.



Ningún comentario: