Coma todos os anos, celebramos na biblioteca a festa das Nosas Letras. Este ano dedicadas a Valentín Paz-Andrade, pero tamén ao medio século desta festa. Fixemos dúas sesións na biblioteca, que comezaron cunha lembranza da figura de Paz-Andrade e a lectura dos seus poemas Cando ti volvas e Noso Alexandre, Mártir por parte do presentador. Na primeira sesión, o alumnado de 1ºF recitou poemas de diversas autoras galegas -Marica Campo, Pilar Pallarés, Mª Xosé Queizán , Luz Pozo- e tamén de Celso Emilio, acompañados dos seus instrumentos e tendo de fondo power points elaborados por eles. Como público, alumnado de 1º Bach. e de 4º ESO, que tamén recitaron ao son da guitarra. Na segunda, que comezou coa entrega de premios dos concursos artísticos e literarios da biblioteca, o alumnado de 1º e 2º ESO, xunto con outro grupo de 1º Bach. recitou poemas e textos en prosa de diversos autores -Rosalía, Curros e Sechu Sende, enntre outros- que traían preparados das clases. Contamos coa actuación estelar do noso gaiteiro Diego, que acompañado ao piano polos profes de música, Ángeles e Julen, interpretou varias pezas entre lectura e lectura. Deixamos unha serie de vídeos que recollen os momentos estelares da xornada.
A continuación, unha reportaxe fotográfica para aqueles/as que non saídes nos vídeos:
2 comentarios:
Que sorte tedes rapaces, cunha biblioteca así dan ganas de volver ao instituto! Parabéns por todas estas actividades culturais,seguide así, os resultados seguro serán moi positivos para todos :)
Simplemente fenomenal. A seguir así.
Publicar un comentario