A novela policial foi o tema do noso club de lectura durante este trimestre, e culminámolo cunha sesión o pasado luns arredor de Colleita vermella, de Dashiel Hammet, e coa colocación da exposición que estivemos preparando sobre o tema e que está dispoñible ata o día 16 de abril, día no que nos visitará Miguel Anxo Fernández. A exposición consta de 15 paneis (1oo cm X 70cm) e a través deles facemos un percorrido polas orixes da novela policial, damos algunhas claves para establecer as diferenzas entre novela de enigma e novela negra, apuntamos á intima relación co cine e a televisión e facemos un repaso dos principais autores e obras das distintas nacionalidades, incluíndo, por suposto, un panel para a novela policial galega. Dispoñemos ademais dunha guía de traballo para a visita dos grupos. Nestes momentos está sendo un éxito, e a parte dos grupos que xa a visitaron, cónstanos que o farán case todos os grupos do instituto. Agradecemos a colaboración do profesorado e os parabéns que nos levades dado.
7 comentarios:
Que interesante!!
Encántame. Foi un traballo do equipo da biblioteca ou en colaboración cos rapaces?
Encántame. Foi un traballo do equipo da biblio ou unha colaboración cos rapaces?
Que exposición tan boa. Non vexo moi ben o texto dos paneis pero o que vexo interesame moitísimo. Paréceme unha idea excelente e tratada de forma impecable e con moito traballo por detrás. Encántame. Parabéns.
Foi un traballo do equipo da biblioteca pensado, en principio para ilustrar o tema do trimestre do club de lectura, pero acabou por converterse nisto...
Excelente traballo como xa nos tendes afeitos. A idea é magnífica. Parabéns!
Me han preguntado por la exposición "A novela Policial" dos años más tarde. Qué bien, alguien os sigue!
Publicar un comentario