14.3.11

Ilustración gañadora

Durante o mes pasado, como actividade complementaria á exposición de álbum e libro ilustrado, tivemos convocado un concurso para ilustrar o conto de Carlos Casares "A rapaza do circo". A gañadora foi Noa Covelo, que fixo un extraordinario traballo cheo de arte e sensibilidade. Co beneplácito da editorial publicamos a versión en issuu do conto ilustrado por Noa. A nós xa nos pagou a pena.

15 comentarios:

Leo dixo...

Fermosos, fermosos estes debuxos nos que non hai só debuxo: hai emocións.
Parabens a esa artista e os profes que fixeron posible a creación desta marabilla.

mesturas dixo...

Noraboa Noa. Xa es toda unha ilustradora profesional. Tamén noraboa ao centro e ao profesorado que deseñou esta actividade tan fuctífera.

Antonio Martínez dixo...

Parabens polo traballo e pola inicitiva. Continuades dando exemplo.

Luz Valencia dixo...

Tes futuro como ilustradora. Agora falta que algunha editorial recoñeza o teu talento e se anime a publicalo!
Adiante!

Ronsel dixo...

Que traballo tan incrible! Parabéns.

bibliotecadocole dixo...

Que bo traballo.Parabéns para Noa,xa cun estilo propio,que ben o fai.
Parabéns para os profes por crear espazos para estas artistas.

Laura dixo...

Una maravilla esas ilustraciones,espero Noa que llegues muy lejos

Nine dixo...

Fantástico traballo! Parabéns a Noa polo seu traballo e agradecerlle ao profesorado implicado que o fixeran posible

LecTuro LiteraTuro dixo...

Fantástico traballo! Parabéns a Noa polo seu traballo e agradecerlle ao profesorado implicado que o fixeran posible

Ana Alvarez Paz dixo...

Me gustó muchísimo el cuento, tenemos una artista en el insti, supo reflejar en las ilustraciones la ternura de la historia. Enhorabuena

O Segrel do Penedo dixo...

Marabillosa iniciativa que nos descobre a unha extraordinaria ilustradora. Parabéns!!
Apertas dende Fene.

luca dixo...

A min gustaríame de máis vella (algo xa son) debuxar coma ti.

Noa Covelo dixo...

Moitas grazas a todos, alégrome moito de que vos gustara tanto, foi un pracer facer estos debuxos!
Un saudo ;)

Beni dixo...

O pracer foi noso. Ver que unha actividade que nos levou tanto tempo preparar da este resultado resulta gratificante para nós. Debemos darche as grazas a ti e a todos/as que participaron e puxeron o seu empeño en facer ilustracións de calidade.

sobreira dixo...

Marabilloso!