Dentro do plan de lectura anual, o departamento de galego continuou coa actividade de elaboración de xornais, esta vez co alumnado de 4º. Por unha banda, dirixidos por Carmen, elaboraron xornais nos que tiveron que buscar noticias, resumilas, reelaboralas e pasalas a galego para despois facer un traballo de maquetación onde se prestou especial atención á presentación, xogando cos espazos e a tipografía. Por outra banda, Antón dirixíu ao grupo que participa en "El país de los estudiantes" na elaboración dun xornal con noticias orixinais. Dende a biblioteca sentímonos orgullosos da continuidade destes proxectos ano tras ano e alegrámonos tamén de ser o espazo de traballo onde se desenvolven. Especialmente contentos de atoparnos cunha páxina A3 adicada á biblioteca que inclúe unha entrevista a Rosa Aneiros cando nos visitou e un artigo adicado ao club de lectura e outras actividades da biblioteca . Agora deixamos unhas fotos da exposición destes xornais que se fai no vestíbulo do insti e tamén as dun grupo traballando na biblio planificando a maquetación . En breve colgaremos eses traballos en formato PDF.
1 comentario:
É moi satisfactorio ver o entusiasmo e o gusto por facer ben as cousas dos alumnos e alumnas de 4º que se puido observar na elaboración dos diferentes xornais. Na elaboración do xornal no concuso "Elpaísdelosestudiantes" os de 4º A demostraron que son quen de implicarse en calquera proxecto que se lles propoña e tamén son conscientes de que o importante é o camiño e non a meta. Foi unha gran experiencia que pode ser moito mellor para o curso que vén grzas ao que aprenderon este curso sobre o traballo de redactar, mover caixas, maquetar, facer publicidade, etc., en definitiva, as claves para facer un periódico.
Publicar un comentario