18.1.10

Actividades para xaneiro

Durante este mes temos en marcha diversas actividades ALFIN: o próximo luns comezará un concurso de resolución de problemas matemáticos. Este concurso é a conclusión da actividade do plan lector que estamos levando a cabo neste curso, que consiste en facer un maior fincapé na lectura comprensiva de enunciados de problemas matemáticos. Terá catro semanas de duración. O luns 18 publicaremos o primeiro problema neste blog e tamén na web do insti

Outras actividades en curso gardan relación coas celebracións do Día da Paz, para o cal propuxemos un concurso de murais e un de redacción. Para o concurso de murais algúns titores e profes están a desenvolver esa tarefa nas aulas, dirixindo os murais do alumnado participante. O concurso de redacción farase o día 29 na biblioteca, e o profesorado colaborador adicará parte do tempo de clase a dar pautas para a elaboración dos textos.

Deixamos aquí os carteis das convocatorias.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola! Son alumna do centro, e en primer lugar, quérovos felicitar polo blog.
Está moi entretido.
E uncha pregunta, que nunca recordo de preguntar nos recreos...
Tedes a obra de shackespire de soño nunha noite de verán?
Grazas anticipadas.

Beni dixo...

Alégrome de que che guste o blog. Si que temos a obra pola que preguntas, pero é dun tal Shakespeare