Durante o mes de novembro, todos os grupos de 2º ESO viñeron traballando nas clases de cidadanía o tema da violencia de xénero. O resultado deste proxecto foi unha exposición dos murais que realizaron: definicións, causas da violencia, slogans, recortes de prensa, medidas preventivas, cancións, encrucillados... Estes traballos, enmarcados dentro do proxecto lector, terán continuidade, xa que ata finais de xaneiro estarán a traballar sobre os Dereitos humanos e posteriormente sobre a Paz. Iremos dando conta de cada un deles
4 comentarios:
Que o ano que ven veña cheíño de plans, de proxectos, de traballos, de lecturas....¡e de amigos alegres!
Moitos bicos
Cos mellores desexos para o 2010!
Felices lecturas!!!
Cos mellores desexos dun ventureiro 2010. Feliz aninovo. Moitas apertas desde o norte.
Todo o mellor para o ano que está a piques de comezar.
Apertas
Publicar un comentario