O pasado xoves 12 tivemos na biblioteca un recital de poesía a cargo da poeta Asun Estévez e do alumnado do club de lectura. Foi, sen dúbida, o acto máis emotivo de todos os que se fixeron nesta biblio. Asun Estévez é unha muller que no seu primeiro libro, Pel de Muller, transmite con toda forza as emocións da súa experiencia vital, marcada pola superación dun cancro e pola súa loita contra esta enfirmidade dende a asociación ADICAM (Asociación de diagnosticadas de cancro de mama) da que é secretaria. Tiñamos preparado un acto ao que ía asistir TVE, pero, como soe ocurrir, non viñeron e... eles o perderon.
A autora foi presentada polo seu editor, Bieito Ledo(Ir Indo), e a continuación comezou o recital: primeiro o preparadopolo club, con cinco poemas acompañados de presentación en power point , dous con música gravada e un con música de violín (por Adrián, do club de lectura). Magníficas lecturas que deron paso ao recital da autora que, emocionada, case non podía articular as palabras. Pero iso foi un momento, porque ao empezar a recitar desatouse o furacán. Os seus poemas, na súa voz, acompañados maxistralmente ao piano por Getzabel Argüelles, profesora do conservatorio de Cangas, traspasáronnos a pel, deixáronnos mudos, atentos, clavados aos nosos asientos. Algunha bágoa deslizouse dalgúns rostros... A poesía atravesounos.
Xa ao remate, pero tamén telefonicamente ao día seguinte, recibimos a felicitación da autora e do editor polo recital do alumnado, pola atención e emoción demostradas e porque, como nos dixeron, tamén eles recibiron a emoción dende o auditorio.
Esta poesía, máis alá das consideracións literarias, gústanos: a poesía estivo entre nós, falounos, sacudiunos, golpeounos os sentidos e marchou para a súa casa deixandonos bo sabor de boca. Que máis se pode pedir?
12 comentarios:
Parabéns polo resultado de tan magnífica experiencia. Da gusto atopar exemplos tan bos de traballo.
Envexa da sa sentimos os que amamos a poesía, a lectura... e somos mulleres. Parabéns cariñosos.
...que queres que che diga, querido Beni, seguro que foi precioso.
Noraboa! ¿Adolescentes lendo poesía en público? Outra noraboa!
Esou segura de que todo esto douvos moito traballo. E tamén o estou de que pagou a pena.
Outra noraboa!
Que bonita idea a de unir poesía e música.O Piano préstase? Xa estamos a pedir as da outra banda da ría,..
E o bibliotecario, porque nunca sae nas fotos?
O piano? Como pesa o condenado! Valería cun clavinova que calquera vos poida prestar.
O traballo? Escoller as poesías, coordinarse coa autora para non repetirnos, axudar a facer os power con imaxes e música acordes coa letra, etc, etc, etc.
Fotos do bibliotecario? Pero vós queredes escarallar a poesía?
A música sempre é unha magnífica aliada. Parabéns por saber combinala con tan bo acerto.
hai que facer mais actos coma este para que a xente poida afecionarse a literatura en galego(para perder clase tamén)Estivo moi ben cando os rapaces do club de lectura puxéronse a recitar os poemas do libro "pel de muller"
Esta esposición me a emocionado!!!
Gracias
Tiven a sorte de poder asistir e teño que dicir que me encantou e emocionou moito. Parabéns a Asun Fernández e á pianista, aos organizadores e aos alumnos... que len de marabilla. Bo traballo.
Pareceume moi ben, moi emocionante, pero non aparezo en ningunha das fotografías, saen todos os que leron menos eu. ): PD: Son Yago.
Ai, Beni! Ti en Roma e nós facendo os deberes para o cursiño de blogs. Pois iso, que me gustou moito ver aos rapaces e a poesía xuntos, algo que non se ve todos os días. Grazas por facelo posible
Publicar un comentario