Dende a pasada semana, e como pequena homenaxe ao aniversario da nosa Rosalía, temos exposta na biblioteca unha mostra retrospectiva de debuxos humorísticos sobre o uso da nosa lingua. Os debuxos son do noso compañeiro Xosé Carlos, e en tono de humor repasan algúns dos tópicos e prexuizos que ao longo dos anos acompañaron e acompañan á nosa lingua. Velaí unha pequena mostra.
1 comentario:
Que mostra tan interesante! Habería algunha maneira de que cruzara a ría ?.
Publicar un comentario