Imaxina que te secuestra un barco pirata e que acabas sendo un membro máis da sinistra tripulación...
Imaxina que percorres os sete mares na procura de tesouros...
Imaxina que avistas baleas, rorcuais, cachalotes...
Imaxina as historias que che poden contar os teus compañeiros de viaxe...
Imaxina que te namoras nunha abordaxe...
Os que non dominen a arte de navegar pola poesía e poidan naufragar a causa dos "perigos" da linguaxe poética teñen á súa disposición este glosario de termos que lles facilitará bastante a lectura.
GLOSARIO (por orde de aparición)
Esta reseña e o glosario saíron do traballo de Cristina, profe de galego.
2 comentarios:
Tomamos nota da recomendación. Grazas
Aquí falan de piratas,
sinistras tripulacións,
falannos de cachalotes,
de baleas, que emoción!!
Disque aquí namoraremos,
logo dunha abordaxe,
e seique navegaremos
por poéticas linguaxes.
Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral.
Apertas dende Fene!!!
Publicar un comentario