29.11.08

CRÓNICA DO ACTO (III)

O pasado luns tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da adenda aos presupostos entre o MEC e a Consellería de Educación por parte da Sra. Ministra e a Sra. Conselleira. Ao acto , entre outras persoas, fomos invitados os responsables de bibliotecas escolares. Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Con atención escoitou
aos tres plambeiros a ministra,
tamén nos felicitou
pola labor altruísta.

Ata que a vontade acabe
seguiremos traballando,
pero é mellor que poñades
no ROC ós bibliotecarios.

E entón a conselleira
ansiadas palabras pronunsiou:
será o sincuenta por sento
o que está no borrador.

Ese borrador borrado
parese que se quedou
e hai que sejir loitando
pa que nos metan no ROC.

E viñémonos de volta
coa mente tan do revés
que ata a amiga Olga
me chama Benito outra ves.





Sigue a crónica completa deste acto en:
O Segrel do Penedo (Capítulo I)
Milladoiro (Capílulo II)

5 comentarios:

Loly dixo...

Despois das crónicas lidas,
disque, seique agora falta
que logo desa "conversa"
conclusións saquemos claras.

E a miña conclusión
eu si saquei, e moi clara
a Conselleira falou...
escrito, non deixou nada.

E cando fala esta xente,
os politicos de "pró",
as palabras leva o vento
e estas o vento levou.

Máis desexo equivocarme
sacando esta conclusión
e na proxima xuntanza
celebrareino con vós!!!!!!

olga dixo...

Obnuvilada a razón
polas verbas que escoitei
cambieiche o nome ¡meu santo!
¡Nunca máis eu o farei!

Ata que o ROC recoñeza
méritos bibliotecarios
cumplierei a penitencia
por terche o nome cambiado.

Espero sexas Benigno,
para impoñer o castigo
pois terás que facer honra
a nome tan acaído.

Antonio Martínez dixo...

Non debes andar rodeado de tantas mulleres importantes, por moi ministras ou consellerias que sexan. Entre as bibliotecaias estamos mellor. Parabéns pola magnífica crónica. O 3-XII temos outra entrevista na consellería...

Loly dixo...

Meus benqueridos Plambeiros
vexo que amañado está
ese asuntiño co nome
problema non era tal.

E ao ser colaborativas
estas ben traidas regueifas
copio eu o tal paragrafo
non debe haber diferenzas.

Anónimo dixo...

Que ben rodeado te vexo Beni e encima que boa representacións de bibliotecas escolares galegas.
Fantástico traballo