13.5.08

TRADURBÁN: O MELLOR ESPECTÁCULO PARA AS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos no centro ós mestres da fundación Sondeseu, nun espectáculo único pertencente ó ciclo de concertos didácticos Tradurbán, organizados pola concellería de educación do Concello de Vigo. Deste xeito, a música únese á festa das Letras Galegas.Foi a propia concelleira de educación a encargada de presentar o acto. O repertorio de música folk foi arranxado polos propios músicos, abarcando distintos xéneros da música instrumental e vocal, ademáis dunha descrición física e sonora dos instrumentos da tradición galega do folk.

Seis dos músicos máis influíntes deste xénero puxeron en escea un concerto inesquecible. Os mestres de Sondeseu son Anxo Pintos (zanfona), Xaquín Xesteira (gaita e percusión), Xosé Liz (bouzuki, requinta), Alfonso Franco (violín), Francisco J. Feijoo "Chisco" (voz e percusión) e contaron coa colaboración especial de Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica).A nosa compañeira do equipo de biblioteca, Cristina Brea, foi a artista deseñadora do cartel promocional dos concertos para o concello.




Todo un luxo para o noso insti, un concerto onde ademáis invitaron a subir ó escenario ó alumnado que soubese tocar algún dos instrumentos, e deixaron que tocasen con eles (bastante ben, por certo). Tamén houbo baile. Público entregado e agradecido por un acto que non esqueceremos facilmente. A música e as letras da nosa tradición tiveron o seu espazo. Dende logo que foi un bo comezo da semana das Letras galegas, e continuará.... Do resto da semana faremos outro post.




E por suposto, tamén saímos no Faro de Vigo (14-5-2008)

4 comentarios:

Anónimo dixo...

me a encantado este lugar bikos ojala pongades cousas un pouquiño mais interesantes bye

Anónimo dixo...

ooaaaaaaaa me ha encantao esto bueno xau

Anónimo dixo...

dile algo xd xd xd

biblioboveda dixo...

Vamos a ver, estimados "comentaristas". É certo: este lugar é chulo. Señor rácano: publícolle o seu comentario para que sirva como exemplo do que é un comentario anónimo de nome e de contido. Pedro: témome que non teremos cousas máis interesantes que poñer, só publicamos o que facemos ou o que nos pasa, que para a biblioteca dun centro de secundaria xa son bastantes. Son vostedes moi amables.