26.5.08

O GBI na nosa biblioteca

O pasado 15 de maio tivemos unha visita do GBI (Grupo de Bibliotecarios Interdisciplinar Intercentros), un durísimo grupo de inspectores de bibliotecas escolares procedentes do norte. Polo que comentan nos seus blogs, a nosa biblio non quedou en mal lugar. Ninguén mellor ca eles e ela para facer a crónica desta inspección. Podes ler o relato de feitos e ver as fotos da inspección nos blogs destes eminentes mestres bibliotecarios: BIBLIOAFONSO, A NOSA BIBLIOTECA, O SEGREL DO PENEDO. Grazas, amigos, pola visita e polas vosas palabras.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

"Eminentes mestres bibliotecarios"!!!
Benquerido Beni, eu son mestra de corazón e bibliotecaria de adopción, pero "eminencia"... (dame a risa)
Apertas dende Fene!!!

Antonio Alonso dixo...

Cómo te pasas !!
Un abrazo a todo el equipo.