27.5.08

Campións de Europa no Rallye matemático

Os alumnos/as de 3º de ESO E, dirixidos pola profesora Alejandra Pereira, resultaron gañadores do Rallye matemático europeo celebrado en Toulousse e organizado polo Institut de Recherche pour l'enseignement des Mathematiques. Viaxaron a Toulouse como premio por seren os campións galegos e alí demostraron ser tamén os máis rápidos de Europa. Por fin o noso centro acada este galardón, despois de varias participacións consecutivas (na anterior quedaron segundos). Parabéns a todo o grupo.




O Faro de Vigo recolle a noticia

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Oé, oé, oé, oéééééééééééééé
Sodes unhas máquinas.
Parabéns ao alumnado e á profe.
Apertas dende Fene!!!!!

Anónimo dixo...

Como profesor de mates, estou moi orgulloso do voso alumnado!!

Parabens!!!!!!

Ana Bande dixo...

Veño de visitar o voso bló e quería felicitarvos pola riqueza dos seus contidos pero todavía máis polo entusiasmo e optimismo que desprende este traballo. Apertas!