14.2.08

FRAN ALONSO co club de lectura

Como xa tiñamos anunciado, o club de lectura estivo este mes centrado na obra "Cartas de amor", de Fran Alonso. A esta iniciativa lectora sumáronse algúns grupos de 4º ESO e 1º Bach.
A pasada semana tivemos unha charla-colóquio do club de lectura sobre este sorprendente libro. Nela falamos dos diversos temas sociais dos nosos días nos que as cartas nos van introducindo: a inmigración, o turismo sexual, a pobreza extrema, os conflictos políticos, os malos tratos, a guerra, o tratamento da homosexualidade, etc.

Hoxe recibimos a Fran na nosa biblioteca, e foi el quen puxo algo de luz sobre estes temas. Atopámonos cun home afable, sosegado, involucrado co seu mundo, co mundo de todos nós. Gústalle definirse como un escritor comprometido co seu tempo, e vaia se o consigue. Viña para unha charla de unha hora. Rematada esta abriuse un turno de preguntas, onde case nunca ninguén pregunta, e... estivemos unha hora máis. Abofé que penetrou Fran nos nosos xovenes lectores, e tamén nos que non o somos tanto. Fomos capaces de ver o volcán de Cabo Verde, as areas, o frío, o calor e o silencio do Sahara, as corrompidas noites de Manila. Fomos quen de sentir o horror das guerras, o tremor dos secuestrados, o aillamento dos inmigrantes. Pero sobre todo, fíxonos sentirnos parte deste mundo e ensinounos a velo un pouco mellor.
Os compoñentes do club de lectura non podían ter millor regalo. Aínda por riba, Fran non tivo inconvinte en firmar, facendo caligramas personalizados, ó redor duns vinte libros. É nestes momentos cando nos gustaría saber escribir tan ben coma el para poder expresarlle o noso agradecemento. Esperemos que volte con outro libro para o próximo curso. Por certo, o escritor fala de nós no seu blog cabrafanada




2 comentarios:

Anónimo dixo...

DEBERIAN aumetar os ordenadores na biblioteca

Anónimo dixo...

Deberian eliminar mensajes tan idiotas.