1.2.08

A Paz no noso instituto

Día 30 de Novembro. Despois de semanas elaborando vídeos para a paz e recollendo algúns doutras bibliotecas escolares, fixemos unha montaxe audiovisual que durou 40 minutos. Organizamos o seu visionado por grupos e en cinco sesións pasaron polo salón de actos todos os grupos do instituto. Foi un día grande, unha festa pola paz con poesía e música da que todos disfrutamos. Quince vídeos con poesías de Alberti, Miguel Hernández, León Felipe, Bertolt Brecht, Celso Emilio Ferreiro e música de Fuxan os Ventos, Cómplices, Antonio Flores, Ana Belén, John Lennon, Pedro Guerra, Bob Dylan e Amaral . Fixemos (e voltamos a facer desde aquí) un agradecemento público ós compañeiros e compañeiras das bibliotecas escolares de Galicia que duante estes últimos días traballaron freneticamente para que isto fose posible.


6 comentarios:

Anónimo dixo...

este ano o video foi moi bonito pero o ano que ven se poderia facer entre todos unha paloma con folios esto todo en el patio

Anónimo dixo...

pa o ano q ven se poderia traer a unu grupo de musica como tokio hotel, por exemplo.

Anónimo dixo...

o video foi moi bonitoeste ano, e o ano.pa o ano que ven deberian traer algue q nos dea unha charla sobre a paz e todo iso.

Anónimo dixo...

ich liebe dich serth pazz

Anónimo dixo...

ME GUSTARON MUCHO LAS POESIAS Y LOS DETALLES DE LA FOTOS

Anónimo dixo...

Gustoume moito o video, fíxome pensar que hai xente que realmente o esta pasando mal, e nós quiexámonos por estupideces.
Gracias.