17.12.07

Especial Nadal

Dende o Mércores 12 de Decembro temos no instituto unha pequena exposición sobre o Nadal co título "Nadal: tradición, arte e literatura". Nela facemos un repasiño polas tradicións de Nadal, a gastronomía, a influencia na arte e na literatura, con bibliografía e exemplos de Vilancicos e panxoliñas. Incluímos tamén as postais daqueles alumnos que se presentaron ó concurso de postais de Nadal. Ademais colocamos unha exposición de libros en dúas seccións: unha de libros de Nadal e outra de libros recomendados para pedirlles ós Reis.


Ningún comentario: