O xoves 13 reunímonos para falar do "Nome da Rosa" de Umberto Eco. Foi o noso primeiro coloquio longo.
Estabamos case todos: Benigno, Iris, Helena, Jorge, Juanma, Laura, Juan e Teresa. Faltaban algúns por compromisos ineludibles.
E foi un gustazo.
Falamos do divino e do humano:
- Das referencias na novela a Aristóteles e a Santo Tomás, que nos levaron incluso a falar de Platón e doutros filósofos. A Poética de Aristóteles, levounos ata Horacio e dende aquí, cunha filigrana saltamos ata a Eneida de Virxilio.
- Das diferenzas habidas entre franciscanos, espiritualistas e benedictinos.
- Da presencia (oculta) de Sherlock Holmes e James Bond en toda a novela.
- Do neoaristotelismo, do método deductivo, do amor na abadía...
- Das descripcións dos rasgos dos personaxes, das paisaxes e do mosteiro (alguén chegou a comentar que incluso parecía cheirar a humidade).
- Das posibles lecturas para estes Nadais: neno do pixama a raias, cartas de amor de Fran Alonso, Tolkien, Auster, Delibes, Saramago, ...
E sobre todo quedamos en reunirnos un xoves ao mes, polo menos, para seguir falando do divino e do humano.
1 comentario:
ai que ver!!seguides facendo este blog, mostrandolles os alumnos a mellor parte do estudar, animandoos a que lean a que fagan de eles mellores persoas...
encantanme os novos espazos que hai neste blog, xa facia tmpo q non entraba, pero sigue sendo moi bo.....animo a todolos rapces que estades ahí, tedes moi bos profesores, non os deixedes escapar e aporveitade a oportunidade q a vida os brinda para poder saber un pouco mais de todo, e a vos docentes animo q ainda q os rapaces as veces somos un pouco trastes non somos tan malos como a simple vista parecemos e ademais se sempre foramos bos aburririamonos todos un montón....feliz aninovo a todos
Publicar un comentario