8.5.07

Visita de Miguel Anxo Fernández

Onte, 7 de maio, visitou a nosa biblioteca o escritor de novela policial galega Miguel Anxo Fernández, creador do detective Frank Soutelo, para comentar co noso alumnado de 4º a súa última novela Luar no inferno. A charla resultou moi amena e interesante, posto que os alumnos leran previamente a obra, chegando a haber un pequeno debate acerca dos aspectos máis morbosos da vida do famoso detective. O autor, ademais, falou sobre a súa maneira de traballar as novelas, animando non só á lectura, senón tamén á escritura. Ó final asinou bastantes exemplares do seu libro. Ah! e adiantounos que axiña verá a luz unha nova aventura do detective.



3 comentarios:

Anónimo dixo...

hola somos pablo,aitana y os deseamos un feliz verano

Anónimo dixo...

Hola, son un alumno/alumna do ies alexandre boveda. Eu creo que o libro é bo no seu xenero, o autor é simpatico e moi amigable.

Anónimo dixo...

a pablo e aitana dicirlles q son moi listos eles, poñense como anónimos e revelan o seu nome