24.5.07

LETRAS GALEGAS 2007

Tamén este ano celebramos as letras galegas cun acto na biblioteca. Un grupo de alumnos de 4º ESO recitaron poemas de Rosalía e da homenaxeada María Mariño. O rematar as lecturas entregamos algúns premios da biblioteca e rematou o acto con música de violino, viola, gaitas e pandeireta. Tivemos ocasión de cantar o Himno Galego ó son dos instrumentos de corda.

>

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Señor/a bibliotecario/a:
Diríxome a vostede para comunicarlle que cometeu vostede un erro ao denominar como "pandeiro" un instrumento chamado "pandeireta".
Fóra deste pequeno descuido, felicito todo o seu traballo realizado, así como o esforzo e o tempo adicados a tan laborioso proxecto.
Un saúdo.

biblioboveda dixo...

Tomamos nota e pasamos a corrixir o erro. A partir de agora figurará a pandeireta no lugar que lle corresponde.