COMICON MOAÑA 2018

O venres 4 de maio o clube de manga do instituto colleo o barco a Moaña para disfrutar do primeiro día da COMICON que se celebra na vila durante o venres e sábado.

Organizado polos institutos de Moaña, IES A Paralaia e IES As Barxas, con Curro e Eugenia ao frente, un ano máis demostraron o bó traballo e a capacidade de organización do alumnado dos clubs de manga destes centros. Stands de todo tipo relacionados co mundo manga, dende libros a xogos de mesa e concursos de talentos, charlas e multitude de actividades, animaron á participación dos aficionados e de curiosos que ata alí se acercaron.

No Alexandre Bóveda tamén
participamos con charlas de Monster
Hunter impartida por Uxía Carrete e Pablo Cameselle, e organizando o
torneo de Pokemon tamén Uxía e Víctor Cameselle.
Pero o millor estaba
por chegar á tarde co 1º Premio no concurso de talentos co baile das magníficas
rapazas que dirixen o club: Noelia López, Lucía García, Saray González, Sabela
Rebollo, Beatriz García e Uxía Carrete. Un merecidísimo premio para os nosas
bailarinas!!!!.



Ningún comentario:
Publicar un comentario