16.6.12

Os libros de 3º A

Nas clases de galego de 3ºA, durante o primeiro trimestre traballaron as características dun texto descritivo desde distintas ópticas: descrición dunha persoa; unha hipérbole; e un espazo xeográfico. Propúxoselles facer entón unha descrición do seu lugar favorito, e facelo a modo de tarxeta e ben presentado; e cada un dos rapaces elixiu o seu. Coas tarxetas fíxose unha exposición.
O mesmo sucedeu cos nomes. Na parte de historia da lingua viron as orixes das palabras e, como non, as dos nomes. Propúxoselles entón buscar a orixe, o significado dos seus, a lenda que se lle adxudicaba e a correspondencia noutras linguas. E de novo realizaron unhas fermosísimas tarxetas que se expuxeron e acabaron colocadas na árbore de Nadal.
Desde a biblioteca, despois de ver este trafego que houbo cos dicionarios de nomes e coas guías acordamos coa profesora agrupar todos os traballos nun libro especial, ou en dous. Naceron así o libro dos nomes e o libro dos lugares, que se ficharán na biblioteca. Este é o resultado:

1 comentario:

Carmen dixo...

Gústanme. E espero que os alumnos e as alumnas disfruten con esta "coquetería", que tamén é unha proposta diferente para traballar cuestións de lingua.