Hoxe comunicáronnos a boa nova. A nosa biblioteca acadou un terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares. É un premio para o noso centro, pola labor desenvolvida nestes últimos anos, polo que desde a biblio queremos agradecer o traballo das persoas do equipo, o das persoas que estiveron e das que están, o do profesorado que dun xeito ou doutro participou e participa das actividades que propoñemos. Pero o máis importante é que este é un premio para os alumnos e alumnas que fixeron o camiño con nós, que foron e son a nosa motivación máis importante. Non queremos esquecer a todos os compañeiros e compañeiras do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, sen cuxas ideas, colaboración e solidariedade sería imposible facer este traballo. Parabéns para as outras cinco bibliotecas escolares galegas premiadas. Deixamos para o final a mención ao equipo directivo que sempre apoiou as nosas iniciativas. E Cristina, Pilar... sobran as palabras.
Esperamos que este sexa o comezo.
19 comentarios:
Parabeeeens, canto me alegro Beni
Fernando - (Galaxia)
Noraboa a toda a comunidade educativa e en especial ao equipo da biblioteca! Unha aperta de María- Cervo
Hai tantas ocasións nas que o traballo ben feito non ten recoñecemento, e tantas nas que se lle dan premios a quen non os merece que, cando sí é merecido e sí se recoñece, ten aínda máis valor.
NORABOA!
Luz Valencia
Oeehhhhh!!! Oehhhhhh!!! Oeh, Oeeeeeeh!!!!
Bravo por esa comunidade escolar e eses profes prototipos de excelencia no seu traballo. Especialmente a BENI. Porque tódolos traballos precisan un guía pero non vale de nada se ninguén o sigue.
Saúdos desde a Costa da Morte.
enhorabuena!
Congratulations a Beni & company. Es un "crack"
Todo o mundo sabía que a Biblioteca era de premio. O que pasa é que o Beni seica non daba coa redacción axeitada para a Memoria. Deixou de mandarlla en Latín e velaí o está... Parabéns, alegrástesme o día!
Beeeeeenn!. Parabens a todos, pero sobre todos ao equipo de biblioteca. Xa era hora!!!!
Bicos dende o outro lado da ría.
A mellor noticia do mes.
Non sei que tipo de protesta, manifestación ou acto reivindicativo teríamos que facer se, nesta edición, a biblioteca do IES Alexandre Bóveda non acadara este merecidíiiiisimo galardón.
Bicos e apertas Beni
Xa celebremos (para que pagues todo ti....)
PARABÉNS!
Noraboa a toda a comunidade educativa e moi especialmente ao equipo de biblioteca.
Beni, una aperta ben grande desde Taragoña.
Cova
Repítome por ir en... non sei que lugar, pero, por fin, aprenderon a ler latín, ou a lingua morta esa que falas, tan rara. Moitísimos parabéns!!!
Non sei que frase premonitoria avanzou esta noticia nunha chocolataría hai máis ou menos un mes... Algo lembro entre a néboa... Ai, Beni, era vistoooooo!!! Non é sen tempo! Parabeeeeeeeeens !!! Agora vedes todos que o esforzo paga a pena. É de xustiza.
Xa vexo que non parades, tedes pilas para rato.
A miña noraboa para tí e para todos os teus colaboradores.
Ánimo Beni, todo este traballo ten resultados e vale a pena.
Sone.
A miña noraboa para todos vos.
Sodes inoxidables. Os mellores.
Beni, o teu traballón da resultados.
Sone.
Parabéns! Alédome moito de que teñades este recoñecemento tan merecido. Que sirva de estímulo para continuar coa tarefa.Noraboa para toda a comunidade educativa!
Bea
Ei, carballeira. Non sen tempo. Parabéns por tan merecido precio a este facho das bibliotecas escalares.
Ola a todos:
Dende o CEIP A Lama queremos compartir a nosa ledicia e festexar o voso premio.
Parabéns a toda a Comunidade Educativa.
Un saúdo. Lémonos,
LEO
Vaia, e pensábades que O Segrel non ía amosar, aquí tamén, os seus parabéns por tan "merecidísima" boa nova? Ai, como sodes!!! Pois iso, benquerido Beni, que celebredes como se merece este recoñecemento ao voso bo facer!!
Apertas de mel dende Fene
Acabo de ver no Boletín da Xunta que taén acaban de conceder pelas (poucas pero menos da unha pedra) para o club de lectura. De novo, congratulations!
Luz V
Publicar un comentario