Para commemorar este mes dos libros montamos esta exposición sobre a censura, titulada "Editar en galego baixo a censura franquista". Desde principios de curso tiñamos proxectado facer algo sobre este tema, e a ocasión veu da man da editorial Galaxia, que nos cedeu os paneis da exposición sobre a que se vai traballar nestas semanas. Seis paneis informativos acompañados de portadas de libros e das notas dos censores. Os comentarios non teñen desperdicio. Dende a biblioteca elaboramos un pequeno cuestionario de traballo para os grupos que visitan a exposición. Disfrutádea, que despois desta virá a exposición dos materiais do proxecto interdisciplinar.
1 comentario:
Parabéns por esta iniciativa e dende xa confirmarvos que... "Queremos esa exposición en O Segrel!!!!!"
Apertas sen censura
Publicar un comentario