24.6.10

Representación de "O achado do Castro"

Por segundo ano consecutivo, os mozos e mozas do club de lectura representaron esta obra de Manuel Núñez Singala. Fixeron tres representacións para que puidesen vela todos os grupos de ESO. Tivemos a participación dos ex alumnos David e Pablo, que seguiron vindo ás sesións do club e ademais o último fixo de director na maioría dos ensaios.Agradecemos tamén a colaboración do responsable da iluminación e o son. A nós pareceunos magnífica a representación e desde aquí queremos agradecer a todos eles o bo fin de curso que nos deron: grazas Pablo (Caleno), David e Marta (soldados), Yago (Emperador), Mónica (escrava), Lucía e Denise(presentadoras), Nico (Catulo), Inés (Arpexia), Paloma (Carmiñae), Darío (Manolitus) e Germán (sabio Citrón). Que pasedes un bo verán.


2 comentarios:

Ronsel dixo...

seguro, seguro, que foi unha representación soberbia... con eses directores de excecpción!

Bibliomanía dixo...

Aplausos e bo verán de lecturas e teatro nas rúas!
Unha aperta!