3.6.10

Expo Grecia e Olimpíada do saber

O tema do proxecto interdisciplinar deste curso foi GRECIA, traballado desde cinco materias distintas: ciencias sociais, inglés, matemáticas, lingua e literatura. os de sociais tocaron as fases da historia de Grecia, centrándose na arte, historia e sociedade de Atenas e Esparta; os de inglés centráronse no museo británico e a arte grega que hai nel e as súas vicisitudes; os de lingua traballaron buscando información sobre as mulleres gregas, seleccionando as que destacaron e convertendo esa información en poemas acrósticos, investigaron sobre algúns mitos e autores e buscaron e interpretaron expresións procedentes da mitoloxía; os de matemáticas investigaron sobre os matemáticos gregos e os seus principais descubrimentos e teorías. Nas últimas semanas moitos materiais producidos foron subindo ao blog do proxecto, http://pinalex.blogspot.com/ Cos demais materiais fixemos unha exposición. Aos profes Miguel, Eva, Eugenia, Nones, Jesús e Sandra grazas por ese esforciño extra. Ao alumnado parabéns.
Con motivo da exposición, puxemos en marcha a nosa IV Olimpíada do saber, cunha innovación: realizouse a través dun curso moodle. A participación foi elevada e temos unha morea de estudantes de 1º e 2º que xa saben manexarse nas aulas virtuais. Esperamos que esta experiencia dea os seus froitos nun futuro próximo e anime á utilización das novas tecnoloxías como recurso pedagóxico.
Deixamos unha cuantas fotos (+ - 50) da expo.



4 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Que pasada de templo...

Ronsel dixo...

Miles de parabéns, coma sempre, dunha eterna admiradora.

carmepanero dixo...

Parabéns por todo o traballo desenvovido na Biblioteca,m que non deixa de medrar cada ano! A exposición de Grecia debeu ser fantástica, polo que revelan as fotos e o templo, espectacular.

Anónimo dixo...

Está claro que cando hai traballo hai resultados. Noraboa... a min pásame como a Antonio... gústame o templo...