24.6.09

O achado do castro

Luns, cinco da tarde. Os rapaces e rapazas do club de lectura e máis algúns ousados de terceiro por fin representaron a obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro, con tan gran éxito de crítica e público, que decidimos seguir traballándoa para o próximo curso. A pesar do pouco tempo de ensaio, a obra saíu perfecta, dentro do marxe permitido da perfección. Esta vez representouse para o alumnado de primeiro da ESO que estivo todo o ano a traballar o tema de Roma dentro do proxecto interdisciplinar. Houbo moitas risas e merecidísimos aplausos, que nalgúns momentos interrumpiron a obra. Felicitamos dende aquí aos actores e actrices, así como a ese público tan entendido en temas clásicos. Amenazamos con mellorar para o próximo curso e facer caer de risa aos demais grupos do instituto. Grazas a Cristina, de quen partíu a idea e dirixíu todos os ensaios; a Bea, que puxo á xente a traballar nos decorados. Do productor non imos dicir nada.
Podedes ver as fotos en tamaño grande en http://leraboveda.blogspot.com/2009/06/o-achado-do-castro.html

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

1 comentario:

Mar dixo...

Encantoume a obra. Paseino de marabilla, e pódovos asegurar que os alumnos de primeiro tamén. Atinadísimo casting, por certo. Parabéns aos actores, actrices e profes.