24.10.08

Certame de micro-relatos de terror

Dende a pasada semana xa estades entregando os vosos micro-relatos. Animádevos a seguir producindo literatura da boa e entregádea na biblio. Se xuntamos moitos relatos, faremos unha lectura pública deles. Ánimo e a participar.

5 comentarios:

Pablo Carrera dixo...

Vades ver que microrelato máis chachi fixen.
Modestia aparte.

Pero ainda é complicado sintetizar a historia en tan pouco espazo.
Todo un reto.

O Segrel do Penedo dixo...

Vaia coincidencia... Esta semana organizamos a mesma actividade.
Deben ser os aires do Samaín.
Apertas dende Fene!!

O Segrel do Penedo dixo...

Isto é maxia... a maxia das Bibliotecas Escolares!!
Esta semana, na reunión do grupo da biblioteca organizamos esta mesma actividade.
Xa vos contaremos como resulta.
Apertas dende Fene!!

Óscar dixo...

El concurso me gusta mucho, pero me gustaría que pulicasen algunos microrrelatos en el blog, por lo menos el ganador…

Anónimo dixo...

Tomamos nota, pero coma nos anos anteriores, parte do premio consiste en que os relatos gañadores serán publicados na revista "O besbello saltón". Se se publicase antes aquí estariamos estropeando a exclusiva.