5.6.08

GAÑADORES DA OLIMPIADA DO SABER

O pasado 22 de maio remataron as frenéticas probas da nosa Olimpiada do Saber, co tema de Xulio Verne e o seu mundo. Despois de revisadas todas as probas, e unha vez feitas (por fin) as fotos dos equipos vencedores, publicámolas aquí para a posteridade. O equipo gañador deste ano foi o dúo MARIN (Marta e Inés), seguidas a unha distancia prudencial polos CRAC (Alex, Christopher e Adrián) e un pouquiño máis rezagados entraron no podio os YAN (Nico, Yago e Alejandro).. Algúns deles xa son vellos coñecidos nosos, posto que Inés foi a gañadora no curso pasado do certame de micro-relatos de medo, e Nico xa foi vencedor dalgunhas edicións do libro do mes, estando agora mesmo moi ben situado para facerse coa coroa absoluta de lector do ano en durísima competencia con Paloma. PARABÉNS a todos e esperamos velos o próximo curso nestas lides e formando parte do club de lectura.


1 comentario:

Dani dixo...

Felicidades ao gañadores e aos organizadores do concurso!
Hai que admitir que está moi ben, eu o ano pasado participei, este non