15.10.07

LIBRO DO MES DE OUTUBRO

Xa está aquí o primeiro libro do concurso deste ano.

OLLOS DE AUGA, de Domingo Villar.

Este curso poden participar lectores/as de 1º, 2º e 3º de ESO. Para os demáis reservámos un espazo no noso club de lectura. Unicamente hai que ler o libro e presentarse ós dez minutos de concurso que haberá no próximo mes. Acumulade puntos grazas ás vosas lecturas. Aqui vai o cartel da convocatoria. Non vos esquezades de deixarnos os vosos comentarios.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas, Domingo, por facer que os do Morrazo esteamos presentes nesta obra tan da nosa terra, coas súas paisaxes abraiantes, coas cuncas de viño, coas praias e fanecas, cos seus enterros e cemiterios e incluso cos seus músicos, aínda que estes non tivesen moi boa sorte.

Anónimo dixo...

Eu estou a ler o libro. A parte que levo está moi interesante e é moi entretida.

Anónimo dixo...

É entretido, aínda que non me gustan moito os libros de misterio. Líome un pouco con tantos nomes, pero paréceme un libro bastante bo.

Anónimo dixo...

O libro é moi interesante e divertido. Ata o final de todo non se desvela o misterio, e esas gracias e chistes que hai de cando en vez fan a lectura máis agradable. Só con empezalo a ler xa te engancha, xa que o principio é moi impresionante. Recomendo a súa lectura.

Anónimo dixo...

O libro pareceume moi entretido e enganchoume dende o primeiro momento. O autor utilizou o humor sarcástico nos diálogos e fainos divertidos. Gustoume polo sorprendente asasinato e polas armas que utilizou o asasino. Tamén me gustou como o autor destacou a forma de ser dos galegos, que non damos un si ou un non por resposta. Tamén porque a historia desenvólvese en Vigo, e en poucos libros a historia ocorre na nosa cidade e a notamos cercana. Gustoume porque, cando tódolos indicios dan como culpable a unha persoa, ó final o policía descubre ó verdadeiro asasino, mantendo a intriga ata o final e fai que o lector manteña o interese polo libro.

Anónimo dixo...

Este libro para min estivo bastante ben. É unha novela policiaca e ten de todo. O argumento é bastante bo e ademais tén bastantes cousas que dan risa. O final é inesperado pero quedou ben. NUNCA me aburrín lendo o libro, é un libro DOS QUE TE ENGANCHAN.

Anónimo dixo...

O principio é un pouco confuso, aínda que a medida que vas lendo vaste incorporando á historia e é emocionante. A min pareceume que o título lle convén a este libro, xa que na historia están presentes os ollos azuis da vítima.
Os protagonistas son moi interesantes e están moi ben escollidos para a historia, pero paréceme que hai personaxes que sobran. Polo xeral o libro para min foi moi interesante e emocionante.