5.3.07

Día mundial da poesía e da árbore (21 Marzo)

Comezamos xa a celebrar o día mundial da poesía poñendo en marcha unha nova actividade. Os profesores e profesoras de linguas encargaranse de difundir e promocionar a actividade entre o alumnado.

Cada alumno participante debe aportar unha poesía (en lingua orixinal ou traducida) nunha ficha xunto cunha brevísima reseña do autor/a e , a ser posible unha foto. As fichas colgaranse nun mural en forma de árbore, conmemorando tamén o día da árbore
Poemas na árbore
Alumnas pintando o mural
O día 21 de Marzo celebrarase un acto de lectura pública desas poesías, xunto coa proxección dunha montaxe audiovisual sobre as árbores e a natureza.
Dende a biblioteca, andamos tamén a preparar unha exposición sobre as árbores de Galiza.

...e este foi o resultado













1 comentario:

Anónimo dixo...

Parabéns polo blog e por tantas actividades. No IES Auga da Laxe (Gondomar) poñerémonos tamén a semana que vén a preparar o Día da Poesía, así que está ben que vaiades por diante dando ideas que se poidan copiar ;-)