Como estamos en tempo de Nadal, a Biblioteca organizou un obradoiro de adornos de Nadal. Dúas alumnas de 3º ESO foron as encargadas de coordinalo.
Moito aprendemos delas!!
Con motivo do Samaín, organizáronse dramatizacións de contos de medo na Biblioteca que se realizaron durante os recreos do 31 de outubro. Os teatreiros e teatreiras que participaron pertencen ao Club de Teatro que se creou este ano desde a Biblioteca.
Por moitas máis funcións!
Xunto co equipo do EDLG e o voluntariado da Biblioteca decoramos con motivos do Samaín o interior da Biblioteca e os corredores próximos. Entre eles, pantasmas con textos de medo de autores e autoras da nosa literatura, photocall e epitafios e animais fantásticos elaborados polo noso alumnado.
O 30 de outubro celebrouse na biblioteca a entrega de premios dos concursos organizados para o Samaín: concurso de decoración de portas "As portas do Inferno", concurso de epitafios e concurso de microrrelatos de terror, organizados polo EDLG, o departamento de galego e a biblioteca.
Parabéns ás persoas gañadoras e moitas grazas pola participación, especialmente ao alumnado dos cursos baixos que amosou unha gran creatividade e entusiasmo.
Este curso 25-26 comeza unha nova etapa para a Biblioteca do IES Alexandre Bóveda.
Queremos convertela nun espazo de lectura informal e creativo. Para iso, comezamos con parte da renovación do mobiliario e do espazo e...nos próximos meses e cursos seguirán a producirse cambios en todos os aspectos (paciencia e dádenos tempo!).
Queremos que todos e todas participedes con nós nesta "revolución"!!! Parte dela podedes apreciala a partir da terceira imaxe.