6.6.18


DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado luns 21 de maio celebramos o día das Letras Galegas. O Departamento de Lingua Galega e Literatura, con colaboración da Biblioteca do centro, convocara dous certames de creación literaria no mes de febreiro: un de relatos curtos co nome de Toloscontoscurtos e outro de poesía titulado Saboroso son dos versos salgados.

Os relatos e poemas  foron publicados nun volume conxunto. O alumnado do club de lectura pasou por todos os cursos na Hora de Ler e, en parellas, leu un relato e un poema premiado no concurso e falou sobre a vida e obra de Mª. Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.











Nos corredoiros do noso instituto tamén están expostos os carteis da exposición oficial da  Xunta sobre a vida e obra de María Victoria Moreno .Elaborouse tamén un cuestionario para entender mellor a traxectoria da autora.











ENTREGA DE PREMIOS TOLOSCONTOSCURTOS E SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS

O pasado 9 de maio tivo lugar no salón de actos do noso centro a entrega de premios do concurso organizado polo departamento de lingua Galega e Literatura en colaboración coa biblioteca.

Os premiadas na categoría de relato foron:

                                     Salma Freire Sousa de 2ºBac D
                                     María González Martínez de 4ºEso D
                                     Carla Freiría Lorenzo de 2ºEso B
                                   
Os premiados na categoría de poesía foron:                                
                             
                                     Aitana Veloso Quiñoy  e Sara Faro Lubiáns de 1ºBac E
                                     Iago Comesaña Soliño de 4ºEso A
                                     Marcos Fragueiro Rodríguez de 2ºEso C
                                   
                                   
                                 

Os relatos e poemas premiados, e outros, foron publicados nun volume conxunto.
REVISTA TEIMA

 Este mes de maio no instituto pódese ver a exposición da revista Teima, a primeira revista en galego da democracia. Trátase dunha revista con frecuencia semanal de 36 números publicados entre novembro de 1976 e agosto de 1977.
Podemos comprobar como moitos problemas e temas tratados neses anos seguen de actualidade.














EXPOSICIÓN  NINA K. BARI

A terceira exposición do proxecto do centro foi dedicada á matemática rusa Nina K. Bari.
Xunto á exposición están tamén os traballos e carteis dedicados á figura desta matemática.







BIBLIOTECAS VIVENTES no MAR DE VIGO

O pasado 11 de abril os alumnos de 4º de ESO do instituto desprazáronse ao Mar de Vigo para a actividade "Bibliotecas Viventes"
Varios persoeiros especialistas de diferentes materias falaron da súa experiencia profesional dende a perspectiva galega comprometida da súa actividade. Puideron escoitar entre outros a Xurxo Souto, a unha científica do oceanográfico , unha enfermeira do Barbanza ou  un chef de cociña,.