25.5.10

Viaxe ao Courel lembrando a Novoneyra

Onte, luns 24, realizamos cos mozos e mozas do club de lectura un roteiro literario polo Courel. Fomos visitando diversos lugares desta serra de outos cumios. Empezamos facendo unha parada para ver o pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós, despois continuamos ata a casa do poeta, en Parada, subimos ata o monte Formigueiros para divisar a devesa de Rogueira e o castelo de Carbedo. Despois de visitar a ferrería de Savane e de dar conta dun churrasco en Ferreirós de Abaixo, subimos ata o castro da Torre ou de Sobredo, vixía das explotacións mineiras. Tamén quixemos coñecer a realidade das aldeas courelás, visitando unha das que mellor conservan o modus vivendi do Courel, a aldea de Secedo. Rematamos cunha visita ao conxunto monumental de Hospital do Incio. Repartímoslles a todos/as unha guía da viaxe, para a cal contamos coa colaboración inestimable de Arximiro, que fixo de cicerone e nos explicou todo o que se pode saber sobre o Courel en tan pouco tempo. Moitísimas grazas.

Como é tradición nestes roteiros que realizamos cada curso, os rapaces/as do club, e tamén os profes, lemos poemas nestes lugares onde imos parando. Pero deixemos que apareza a crónica no blog do club, xa que este ano Yago pedíunos ser o cronista oficial da viaxe, para o cal andivo todo o día cunha libreta tomando notas. Díxonos que nunha semana terá a crónica feita. De momento deixamos unhas poucas fotos.

.

21 comentarios:

Susana Losada dixo...

É xenial poder ler unha obra literaria no contexto xeográfico no que se escribiu. Unha actividade moi completa combinar monte e literatura,noraboa pola idea!

Pablo dixo...

Parece que foi unha fermosa viaxe por uns lugares moi bonitos.
Seguide así.

Antonio Martínez dixo...

Parabéns por tan fermosa e poética viaxe.

Laura dixo...

Gustoume moito a viaxe. Tiña paisaxes moi verdes e fermosos que gardaban, cada un, unha historia. Foi moi interesante.

Loly dixo...

Non podería haber lugar mellor para esa femosa viaxe poética que nas marabillosas paraxes que inspiraron a Novoneyra.
Parabéns!!

Ah, xa estou desexando ler esa crónica!!

mesturas dixo...

Seguro que ese rapaces volven a visitar O Courel unha e outra vez. Sodes responsables da súa adicción. Que boa idea.

Cristina Novoa dixo...

Parabéns a tod@s @s integrantes do Club de Lectura por esta actividade. Un gustazo a crónica visual, agardamos a escrita! vou dar noticia en Ler en mancómun.

Niño da Curuxa dixo...

Que impresión chegar a Parada, verdade? Que sentido cobran os versos de Novoneyra entre a sinxeleza das casas e a apabullante natureza! Parabéns! Unha iniciativa fermosa e efectiva. Que máis se pode pedir?

Beni dixo...

Esquecin dicir algo que me gustou da VIAXE: Escoitei durante todo o día conversas, bromas, compañeirismo ..... EN GALEGO. Estaremos facendo algo ben?

Veriito! dixo...

A excursión estivo moi divertida, e se pasou moi rápido o tempo e eu quería que fora máis larga!
O pasei ben cos meus amigos!

Vero! 2ºD

Víctor dixo...

A viexe gustoume moito, lastima que fose tan curta. As paisaxes eran moi fermosas e foi todo moi divertido.

Víctor 2ºD

Anónimo dixo...

Me ha gustado mucho la excursión ha estado mui interesante.

Carla Lorenzo Rodríguez dixo...

Gustoume moito a excursión, foi un pouco cansada, pero, estivo ben polas vistas verdes e bonitas que había.

Emilio Roca dixo...

Que gran idea, que gustazo ver aos rapaces por esas terras, cos versos nas mans e nos beizos. Noraboa pola iniciativa.

Anónimo dixo...

O Courel parece que está nunha pompa se xabrón.É tan bonito!!!
Encantoume a visita ao castro;coas montañas altas, a moitos metros do chan...Buf!!Coma estar na gloria.
Os poemas de Uxío que lemos nos distintos lugares parecían estar escritos con palabras máxicas.
Espero volver pronto a ese universo paralelo ao noso, pero totalmente diferente.
UN SAÚDO
VERA

Anónimo dixo...

"Impresionante". Esta foi a primeira palabra que chegou á miña mente cando me atopei rodeada desa natureza verde e intimidante da que gozamos na viaxe ao Courel. Foi incríble ler os versos de Novoneyra ante a terra que os inspirou.
Unha viaxe inesquecible e moi amena que espero repetir nalgún momento da miña vida.
Por certo... creo que é importante dicir que este ambiente da Galicia profunda espertou nos corazóns de certos alumnos de 4º (nos que me incluo)a iniciativa de falar galego. Dende ese día, un grupiño que vai en aumento estamos falando en galego entre nós sempre que podemos, coa intención de rexurdir o uso da nosa lingua na mocidade e converternos nun exeplo a seguir.
Saúdos
INÉS (que esqueceu a conta) :D

bibliotecadocole dixo...

Coma sempre, facedes as cousas tan ben!!! Parabens, compañeiro!!!

luca dixo...

Eu tamén quero ir ao Courel, aínda que me fagades ler en alto diante de todos. Avante toda!

Mar dixo...

Que mágoa non ter ido! Que idea tan estupenda, e que éxito de viaxe. Os comentarios son realmente emocionantes!

Unknown dixo...

Son Sole, ex-alumna do instituto e alégrame ver como a biblioteca segue tan activa como o ano pasado. Son moitas as actividades que se organizan e a participación dos alumnos así como o grande esforzo e traballo de Benigno son salientables.

Recordo con nostalxia aquelas reunións da biblioteca e todos aqueles concursos tan divertidos.

Espero que en anos futuros entre todos consigamos mellorar se é xa posible a nosa biblioteca.

Saúdos!

Beni dixo...

Sole: eres un idem. Gustaríanos verte por aquí o día 22, que faremos seión do club e representarase a obra de teatro.