7.5.10

1º ESO con Breogán Riveiro

Onte tivemos unha amena sesión con Breogán Riveiro na biblioteca. Veu conversar co alumnado de 1º sobre o libro Tonecho de Rebordechao. O autor botou man da súa experiencia no mundo audiovisual para enganchar á xente nova, contando dun xeito moi expresivo historias a partir das que podía nacer unha novela. Animounos a botar man desas historias que poden contar os pais ou os avós para sacar o escritor/a que cadaquén leva dentro. Sorprendeunos sendo el o que preguntou (case sempre o pregunta alguén desde o auditorio) se alguén lle podía dicir por que era escritor, facendo que saísen unhas cuantas respostas ata dar coa que el consideraba correcta: a necesidade humana de comunicarnos cos demais.
Tamén falou de Tonecho, pero isto foi sempre a partir das preguntas que lle ían facendo, e respostou con claridade a todas, e incluso algunha rapaza descubriu un pequeno "erro de raccord" no libro do que o autor saíu airoso (non imos desvelalo para que os futuros lectores/as anden atentos) Despois dunha hora que pasou voando, o autor asinou exemplares da obra. Temos que engadir que se notou a presenza de mozas e mozos do club de lectura de 1º, sobre todo nas intervencións e no pequeno debate sobre o lobishome, algo do que desde a biblioteca agradecemos porque vemos que esta xente do club non lle ten medo a conversar.
Grazas Breogán por estar con nós e por ese Tonecho de Rebordechao que tanto gustou.

5 comentarios:

Unknown dixo...

A mín gustoume moito que viñese Breogán Riveiro porque pasámolo moi ben e falounos do seu libro e dun misterio do seu libro:"O Tonecho de Rebordechao",e contounos historias moi graciosas e interesantes,e algunhas escalofriantes,coma a do "Home do Unto".A súa visita foi xenial.Encantoume.

Anónimo dixo...

A mín gustoume moito que viñese Breogán Riveiro porque contounos historias do seu libro e un misterio do seu libro:"O Tonecho de Rebordechao":Tamén falounos de historias moi interesantes e divertidas,e algunhas tamén escalofriantes,coma a do "Home do Unto".A mín encantoume a súa visita.Oxalá volva venir.

Anónimo dixo...

A mín encantoume que viñese Breogán Riveiro porque falounos do seu libro e dun misterio do seu libro:"O Tonecho de Rebordechao".Tamén contounos hiustorias moi interesantes e divertidas,e algunhas ata emocionantes,coma a do "Home do Unto".Encantoume a súa visita.Oxalá venga outra vez.

Antonio Martínez dixo...

Moito lle gusta ese Tonecho...
Parabéns polo traballo. Só queda este mes de papeleo e veña a descansar.

Pablo. dixo...

Ola Beni son Pablo. Mira os de teatro fixemos un blog do grupo para ir poñendo cousas que suceden e tal.
Se queres... podes poñer enlaces nos blogs do instituto...
A direccion é: http://vicusteatro.blogspot.com/