27.4.10

Exposicións: E ti, para que les? e Tamén len...

Desde a pasada semana temos polo centro as exposicións colectivas " E ti, para que les?" e "Tamén len". A primeira delas é unha recolleita de respostas que distintos persoeiros foron enviando ao blog da ONG IND. Tamén contamos coas respostas dos compañeiros e compañeiras das bibliotecas escolares galegas. Estás respostas están en carteis individuais deseñados por Jaime Eizaguirre. O alumnado estase encargando de pintar os monecos dos carteis e tamén eles aportan as súas respostas á exposición. A exposición Tamén len, mesturada coa outra, é un traballo colaborativo ao que as bibliotecas escolares fomos aportando fotos de persoeiros lendo e recomendando un libro. Sumámoslle aportación propias e achegas doutros centros. Agradecemos a todas as persoas que colaboraron na recollida de datos, maquetación e reenvío de todo este traballo.


4 comentarios:

Ronsel dixo...

Que ben fuchicas!

MESTURAS dixo...

Pero que ben aprenden en Vigo a facer videos profesionais con fotos de esa exposición tan chulaaa.
Apertas

MESTURAS dixo...

Pero que ben aprenden en Vigo a facer videos profesionais con fotos de esa exposición tan chulaaa.
Apertas

olga dixo...

Que bonita quedou esa expo. Non podo evitar ver esas fotos e...¡parecerme que son xente da miña familia! Tanto foi o tempo que pasei con elas. Probarei a ferramenta.