Esta pasada semana fomos colocando polo instituto os materiais elaborados polo alumnado do proxecto interdisciplinar. A biblioteca sumouse (tal como estaba planificado) aportando materiais propios. Na expo pódense ver materiais sobre Roma elaborados dende as distintas materias de 1º ESO: Ciencias naturais, ciencias sociais, Lingua e literatura, Inglés e Matemáticas. Na biblioteca tamén instalamos un MUSEO de obxectos romanos (os obxectos foron cedidos polo CEDAM do museo Quiñones de León). Podemos ler sobre medicina, velenos, minas, historia, romanización, sociedade, obra civil, literatura, mitoloxía e relixión, toponimia, expresións latinas, calendario, números romanos, e sobre todo apreciar a imaxinación que lle botaron niso das artes plásticas.
Parte deste material fórono colocando nun blog propio do proxecto, feito polo alumnado despois
Parte deste material fórono colocando nun blog propio do proxecto, feito polo alumnado despois
de recibir formación por parte da biblioteca.
Ao mesmo tempo comezou a Olimpiada do Saber, que este ano durará quince días, co tema da exposición.
A petición do senado e o alumnado romano do IES, incluímos algunha foto máis da expo, sobre os calendarios, xogos romanos e romanización de Inglaterra.
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
10 comentarios:
Caramba! Que pasada! Para que logo algúns digan que esta materia non serve para nada...
Parabéns.
E saúdos, claro.
Por Tutatis, como laboraron estes escravos do Alexandre Bóvedum
Xa eu dicía que o de levar ás criaturas a Roma non era todo caridá. Cándida adolescencia!
PD.- Antonio, non me roubes a Tutatis!!!
Parabéns ao alumnado de 1º da ESO por faceren un traballo tan amplo e ben presentado. As miñas felicitacións ao profesorado que soubo guiar esta tarefa.
Ánimo e a seguir así.
Dende Sanxenxo os nosos parabéns polo traballo realizado!!
Un saúdo.
Tan so teño unha cousa que retrucar... ¿Por qué non faciades estas cousas na miña época?!
Que interesante! noraboa por TODOS os traballos que levades facendo estes ultimos anos na biblioteca.
un saudo
Tremenda exposición! Onde estades? Gustariame ir de visita cos meus alumnos.
Parabéns por tanto e bó traballo.
Parabéns dende Verba volant, scripta manent.
Hécuba, somos o IES Alexandre Bóveda de Vigo, estamos en Coia, na rúa Cuntis. Supoño que deixaremos este traballo aínda un par de semanas máis, pero, lamentablemente temos que desmontar xa o museo romano, porque temos que devolver as cousas. É un traballo de alumnos de... 1º ESO.
Eu supoño que nos coñecemos, pero con ese nome tan grego non sei, non sei... GRAZAS polos comentarios.
Sei que chego un pouco tarde, pero que pasada de exposicións! é unha mágoa que no podamos veals. É unha idea boísima que o faga o alumnado de 1º de ESO, así xa se va se van "encarrilando" un pouquiño. Por certo, Hécuba é Encarna Ramil, que te está nas Pontes e ten un blog estupendo.
Publicar un comentario