Despois de tres semanas de arduo traballo por parte do equipo de biblioteca, e coa colaboraboración doutras profes, quixemos comezar este curso facendo algunhas melloras que incrementen o espazo e que faciliten o acceso aos materiais da biblio. Cambio de andeis dun lado para outro con posterior man de pintura, reubicación de máis da metade dos nosos fondos, expurgo, fichado de novidades, introducción no programa do alumnado novo, coordinación do novo proxecto interdisciplinar (este ano toca Grecia), preparación da formación do alumnado novo...Todo isto mantívonos ocupados ata agora.
Para a próxima semana iniciaremos novas actividades relacionadas co plan lector, das que xa daremos conta; retomaremos o club de lectura despois do regreso da maioría dos seus membros que estiveron en Gran Bretaña nun programa de inmersión lingüística.
Pero agora queremos amosar o resultado do traballo físico:
- Reubicamos toda a literatura na sala de lectura, creando unha illa literaria ao lado da sala de lectura relaxada.
- Os fondos de consulta atópanse todos na sala de
traballo en grupo.
traballo en grupo.
- Cos novos andeis na zona interior conseguimos máis espazo e luminosidade para a mediateca e para sala de traballo en grupo .
Deixamos unha presentación de todo este proceso, esperando que estes cambios sexan para ben e redunden no beneficio de toda a comunidade escolar
5 comentarios:
Moito ánimo a Beni e ao equipo da biblioteca, espero que sigades mellorando e facendo tantas actividades como ata agora.
Un saudo.
Pablo.
Bien.
¿Pero como se hace para coger de los libros de la estantería de arriba de todo?
Moi ben Nico. Todos os libro de ficción e consulta están en andeis ao alcance de todo o mundo. Nas estanterías de arriba de todo, como ti dis están situados libros especializados e de pouco uso, pero dispoñemos de métodos diversos para acceder a eles: un moi fácil é solicitarllo aos bibliotecarios, e eles, amablemente utilizarán unha escaleira para collelo e entregarcho en man, evitando así posibles lesións para vós. Os outros métodos de acceso deixámolos para unha próxima novela, pois pertencen ao terreo da maxia e da ciencia ficción, pero estamos dispostos a poñelos en práctica se os usuarios, sempre tan cobizosos de cousas novas, así o requiren.
Con algo de retraso visita a nova biblioteca. Vexo que continúa sendo unha bibliotecca de altura, tal como dí Nico. Cambiando mesas e cadeiras (mesmo as de xuntanza da Consellería) gañaría aínda moito máis.
As novas butacas... impresionantes.
Parabéns.
Todo se andará.
Publicar un comentario