Hoxe tivemos un encontro co escritor Fernando Lalana. Dende fai máis dun ano, cando puxeramos La tuneladora como libro do mes (incluído na lista White Ravens), tiñamos pensado preparar algo con el. A ocasión chegou da man do seu último libro El asunto Galindo, unha novela policiaca co mesmo protagonista que La tuneladora. O departamento de lingua castelá incluíu este libro entre as lecturas para terceiro de ESO, e dende o club de lectura tamén o aconsellamos. Había máis dun mes que se xenerara unha gran expectación ao redor da súa visita, pois os libros gustaron moito. Incluso chegou a haber intercambio de correos electrónicos co autor.
Non decepcionou: Falounos da súa historia como escritor profesional co mesmo humor e ironía que destila nós casos do detective Escartín (co seu curso sacado en CEAC). Manexou a un auditorio abarrotado sen permitir que se lle fose das mans, para despois contestar a unha chea de preguntas con xenerosidade e paciencia. Despediuse con gratitude e asinou exemplares dos seus libros e algúns alumnos regaláronlle ilustracións que fixeron de El asunto Galindo. Tamén quixo levar uns cuantos folletos que tiñamos preparados sobre as obras del que temos na biblio.
Ensinámoslle a biblioteca, da que quedou encantado, e emplazounos para facer unha sesión nela cun grupo máis reducido. Aínda tivemos tempo para facernos unha foto, tomar café e charlar un pouquiño de literatura xuvenil. Aquí non podo deixar de dicir que tratou de "maestro" ao noso Agustín Fernández Paz, un orgullo para os que tivemos o placer de ler e compartir con el algunha das súas obras.
Dende a biblioteca queremos agradecer a súa colaboración e comportamento ao alumnado de 3º de ESO e ás profesoras Marian, Rosa e Inés polo traballo realizado con este libro.
NOTA: Podedes parar o cubo das fotos para velas mellor, se picades co rato sobre elas.
4 comentarios:
Parabéns aos organizadores de tantas e tan magníficas actividades en prol dos libros, a lectura, a música... a CULTURA. A vosa, é un dos mellores exemplos de Biblioteca VIVA!!!!
Non puiden estar na charla de Fernando Lalana, pero, falando co alumnado ao día seguinte, cheguei á conclusión de que debeu ser moi interesante, xa que os/as que non leran o libro foron á Biblioteca a buscalo.
Está moi ben que estes encontros cos autores dean os seus froitos. Parabéns!!!!
Tedes un agasallo no noso blog.
Biquiños dende Moaña
En O Segrel do Penedo temos un agasallo para vós, esperamos que vos guste!!
Publicar un comentario