Participade no club de lectura deixando os vosos comentarios no blog
7.5.07
Libro do mes: O can dos Baskerville
Para este último mes de concurso, decidimos que o libro do mes sexa o mesmo que o libro do trimestre que se oferta para o club de lectura. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle é o noso libro de referencia neste tramo do curso, aproveitando que temos o mes de Maio adicado á novela negra.
Etiquetas:
CLUB DE LECTURA,
LIBRO DO MES
23.4.07
Día do libro
O día 23 de abril visitounos o noso antigo compañeiro, profesor de literatura e escritor, Luis Lanero, que durante tres horas estivo a facer unhas lecturas didácticas dalgúns dos seus relatos, recollidos no libro Relatos en humor blanco y gota de limón, ed. Palabra de Autor. Ás charlas foron acudindo diversos grupos dende terceiro da ESO a primeiro de bacharelato.
Entre lectura e lectura o autor disertou sobre a elaboración dos contos a partir de recordos, vivencias e anécdotas persoais, animando ó alumnado a escribir. Unha xornana emotiva e chea do humos dos relatos do noso vello profesor.
Etiquetas:
Encontros con autores
Apadriña unha palabra.
No instituto andamos a apadriñar palabras. Tratamos de dalas a coñecer para que cadaquén escolla unha e cubra unha ficha co seu significado xunto cunha frase que a conteña. Pódense escoller palabras dunha lista que facilitamos ou pódense aportar outras. Con tódalas fichas faremos unha exposición a finais de Abril.
5.3.07
Día mundial da poesía e da árbore (21 Marzo)
Comezamos xa a celebrar o día mundial da poesía poñendo en marcha unha nova actividade. Os profesores e profesoras de linguas encargaranse de difundir e promocionar a actividade entre o alumnado.
Cada alumno participante debe aportar unha poesía (en lingua orixinal ou traducida) nunha ficha xunto cunha brevísima reseña do autor/a e , a ser posible unha foto. As fichas colgaranse nun mural en forma de árbore, conmemorando tamén o día da árbore
Alumnas pintando o mural
O día 21 de Marzo celebrarase un acto de lectura pública desas poesías, xunto coa proxección dunha montaxe audiovisual sobre as árbores e a natureza.
...e este foi o resultado
Etiquetas:
Exposicións
Libro do mes (Marzo-Abril)
Xa está en marcha o novo libro do mes: La Tuneladora
Podes participar no concurso a finais de Abril, ou simplemente facernos un comentario sobre a lectura.
Se che gusta o debuxo, tamén podes participar no concurso de ilustracións sobre o libro.
Etiquetas:
LIBRO DO MES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)