23.4.07

Día do libro



O día 23 de abril visitounos o noso antigo compañeiro, profesor de literatura e escritor, Luis Lanero, que durante tres horas estivo a facer unhas lecturas didácticas dalgúns dos seus relatos, recollidos no libro Relatos en humor blanco y gota de limón, ed. Palabra de Autor. Ás charlas foron acudindo diversos grupos dende terceiro da ESO a primeiro de bacharelato.

Entre lectura e lectura o autor disertou sobre a elaboración dos contos a partir de recordos, vivencias e anécdotas persoais, animando ó alumnado a escribir. Unha xornana emotiva e chea do humos dos relatos do noso vello profesor.


Apadriña unha palabra.

No instituto andamos a apadriñar palabras. Tratamos de dalas a coñecer para que cadaquén escolla unha e cubra unha ficha co seu significado xunto cunha frase que a conteña. Pódense escoller palabras dunha lista que facilitamos ou pódense aportar outras. Con tódalas fichas faremos unha exposición a finais de Abril.


5.3.07

Día mundial da poesía e da árbore (21 Marzo)

Comezamos xa a celebrar o día mundial da poesía poñendo en marcha unha nova actividade. Os profesores e profesoras de linguas encargaranse de difundir e promocionar a actividade entre o alumnado.

Cada alumno participante debe aportar unha poesía (en lingua orixinal ou traducida) nunha ficha xunto cunha brevísima reseña do autor/a e , a ser posible unha foto. As fichas colgaranse nun mural en forma de árbore, conmemorando tamén o día da árbore
Poemas na árbore
Alumnas pintando o mural
O día 21 de Marzo celebrarase un acto de lectura pública desas poesías, xunto coa proxección dunha montaxe audiovisual sobre as árbores e a natureza.
Dende a biblioteca, andamos tamén a preparar unha exposición sobre as árbores de Galiza.

...e este foi o resultado













Libro do mes (Marzo-Abril)

Xa está en marcha o novo libro do mes: La Tuneladora
Podes participar no concurso a finais de Abril, ou simplemente facernos un comentario sobre a lectura.
Se che gusta o debuxo, tamén podes participar no concurso de ilustracións sobre o libro.

14.2.07

Superpregunta

Cada trimestre realizamos esta actividade de busqueda e selección de información co alumnado de primeiro curso da ESO. Trátase de dar resposta correcta ás incognitas que aparecen en negriña nunha superpregunta. Cada resposta correcta serve de guía para ir á resposta seguinte. Os grupos compiten entre si ó longo do curso. Unha vez completada a ronda do trimestre, aí vos deixamos a superpregunta. Publicaremos aquelas que estean correctas.
SUPERPREGUNTA
En febreiro de 1996 prodúcese o divorcio dunha personalidade británica que máis tarde morre nunha cidade cuio centro está aproximadamente nas coordenadas 2º 15' E e 48º 50' N. Se lle cambiamos o acento a esa cidade, coincide en nome cun heroe troiano que tamén era coñecido por un sobrenome en honra dunha fazaña que fixera. ¿Quen era o preceptor do rei de Macedonia cuio nome de pía coincide co sobrenome do heroe troiano?