15.6.21

 
                EXPOSICIÓN  VIDEOXOGOS:

                ARTE  INDUSTRIA CULTURA

Estes días pode verse na entrada do IES a exposición organizada polo departamento de Tecnoloxía e a Biblioteca: VIDEOXOGOS: ARTE CULTURA INDUSTRIA


Tamén pretende visualizar a gran e diversa cantidade de postos de traballo que está a crear esta nova industria en toda Europa: programadores, debuxantes, animadores, escritores, músicos, actores...


Na exposición pode verse unha escolma de videoxogos que teñen destacado pola súa creatividade e innovación, aspecto bastante descoñecido deste medio artístico, incluso polos propios xogadores habituais. A maiores ten un apartado especial de videoxogos creados en Galicia ou que teñan sutítulos en galego.


Tamén pretende visualizar a gran e diversa cantidade de postos de traballo que está a crear esta nova industria en toda Europa: programadores, debuxantes, animadores, escritores, músicos,actores...


 


E por último, pero non menos importante, visualizar o contexto cultural no que xurden os videoxogos e a relación cos outros medios artísticos, en especial os narrativos: novela, cómic, cine...





Ningún comentario: