4.6.19

VIDEOXOGOS UNHA ARTE DO SÉCULO XXI

EXPOSICIÓN “VIDEOXOGOS: UNHA ARTE DO SÉCULO XXI”

Na entrada do IES e no novo expositor da biblioteca levouse a cabo unha exposición de videoxogos recomendados e de libros e revistas sobre videoxogos. Nos videoxogos procurouse incidir nos que teñen características técnicas ou artísticas diferentes dos videoxogos comerciais, que son normalmente os únicos coñecidos pola maior parte do alumnado. En canto aos libros e revistas a súa exposición pública permite visibilizar aos videoxogos como unha parte importante da cultura actual e como un novo medio artístico con características propias.






Ningún comentario: