19.10.16

Taller de debuxo de MANGA




O luns 17 de outubro visitou de novo o noso Club de Manga  o ilustrador Norberto Fdez.. Dende as 3 da tarde ata as 4.30, as compañeiras e compañeiros do club de Manga compartimos a nosa afición por ese mundo fantástico co ilustrador  quen  desvelou os segredos de debuxar personaxes e historias. 


A nosa vindeira cita será o Encontro de Clubs de Manga dos institutos Álvaro Cunqueiro, Paralaia, As Barxas  e Alexandre Bóveda. Esta vez actuaremos de anfitrións e xa estamos a traballar arreo.



O club de Manga OTAKU BAND está en marcha!!!


Ningún comentario: