26.3.14

Con Nuria Pradas

             A escritora catalá Nuria Pradas visitounos na biblioteca do instituto o mércores 12 de marzo para falar co alumnado de 1º de ESO, en dúas sesións,  da súa novela El misterio de la calle de las Glicinas, que leron no primeiro trimestre na asignatura de Lingua Castelá.
            Tamén falou da súa interesante triloxía de novelas curtas:. “Heka, un viaje mágico a Egipto”; “Raidho, un viaje con vikingos” e “Koknom, una aventura en tierras mayas”, da editorial Bambú, das que a primeira fora lida tamén por algúns dos que estabamos alí.
            As alumnas e alumnos preguntáronlle varias cousas referentes ao libro: sobre as personaxes, a trama e o desenlace ou os sitios onde se ambientaba a novela, pero tamén fixeron preguntas máis persoais sobre o oficio de escritora, como se prefería adicarse a escribir ou á docencia, en que se baseaba para inventar as súas historias, canto tempo lle levaba escribir unha novela ou, incluso, canto gañaba escribindo. A todas elas respondeu Nuria Pradas de xeito moi ameno e entretido.
            En resumo, unha visita moi interesante  para todos os alumnos/as, moitos dos cales puideron levar ademáis os seus libros adicados e asinados pola propia autora.

Ningún comentario: