23.4.13

Un paseo pola literatura no 23 de abril.

No día do libro, e nas vindeiras semanas, teremos no instituto a exposición "Un paseo pola literatura". O equipo da biblioteca seleccionamos 40 autores e un fragamento dunha obra representativa de cada un. Con eses textos e unha caricatura de cada autor (cuxa autoría recollemos nunha páxina de webgrafía) fixemos vinte paneis que temos expostos no vestíbulo. Ao mesmo tempo, elaboramos un plan de traballo para aqueles profesores que visitan a expo co alumnado. Tratase de dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles pero que xeralmente non len alumnos de instituto, unha especie de guía vital na que non están todos os que son... pero que se ampliará no futuro. Expoñemos tamén as obras na biblioteca.

2 comentarios:

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Como sempre vós, un traballo estupendo. Tomamos nota, e probablemente nos poñamos en contacto convosco para "tomala prestada". Noraboa polo voso traballo.

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Traballo estupendo o voso, coma sempre. Xa nos poñeremos en contacto convosco para pedírvola "prestada". Noraboa.