Durante este trimestre, o departamento de bioloxía ven realizando unha serie de actividades de reforzo dos coñecementos teóricos. Nesta ocasión, o lumnado de 3ºA, 4ºA e 4ºB esmeráronse na elaboración de maquetas de Células Eucarióticas, traballadas con diversos materiais: plastilina, cartón, porespán, xeso, tea, cola, etc... Ademais de afondar nos coñecementos, buscouse mediante este traballo o fomento do traballo en grupo e a interdisciplinariedade co departamento de tecnoloxía. Con todas estas células fíxose unha exposición durante as dúas últimas semanas do trimestre.
11 comentarios:
Xenial a inicitiva e o traballo do alumnado...a ver se alumnado de 4º C toma nota.
Isto é realmente un traballo por competencias e interdisciplinar, fomentando tamén a creatividade e a reciclaxe.
O traballo do alumnado e a inicitiva de Carmen reflexa que merece a pena que o centro opte por otorgar desdobres de prácticas ao departamento de Ciencias.
Enhoraboa aos alumnos da ESO por un traballo tan didáctico e bonito, supoñ0 que non esqueceran a celúla e os seus orgánulos. Parabes para a profesora de bioloxía
Soy profesora de biología de un instituto de Málaga y alucine con esa exposición de la célula eucariotica.
Las utilizare para mis clase con mis alumn os de 1º de bachillerato
Muchas gracias gallegos por vuestro trabajo y os animo a que sigais haciendo trabajos tan didáctico
Felicito a los alumnos y a su profesora, Carmen, por el precioso trabajo realizado. Intentaré que mis alumnos aprendan realizando actividades como ésta.
Lola Pérez. IES Poetas Andaluces. Arroyo de la Miel. Málaga.
Parabéns polo traballo, as horas invertidas e a creatividade.
Parabéns polo traballo, as horas empregadas e a creatividade.
Moi boa idea para coñecer dunha mañeira próxima as nosas células. Sen dúbida as horas empregadas nestes traballos non serán de balde e non esquecerán a forma e localización dos seus compoñentes. Do mesmo xeito tampouco o farán os alumnos que cada día pasan por elas. Parabéns rapaces!
Moi boa esta proposta. De seguro que lle custou o seu traballo construiren estas maquetas tan logradas, e disque o que máis traballo nos leva e o que mellor recordamos. Ogallá sepan apreciar todo o ben que lle fan estes traballos. Noraboa pola iniciativa Carmen
Da gusto traballar con alumnos tan aplicados e imaxinativos. Noraboa.
Quero dar a noroboa aos meus alumnos de ESO polo esforzo e traballo tan positivo que fixeron sobre as células eucarioticas.
Asi mesmo felicitar ao bibliotecario do centro Beni Nerga pola exposici ón tan boa que dela fixo
Carmen Martínez Prof de bioloxía
Publicar un comentario