21.12.10

Vídeo gañador do certame da biblioteca

Velaí vai o vídeo gañador do certame de vídeo "Re-visualiza a túa cidade" que se convocou ao comezar o trimestre. Aínda que a participación foi baixa, ao ver a calidade do vídeo gañador, realizado por Inés e Marta, seguro que para o próximo subirá a participación. En só tres minutos dannos unha idea bastante precisa do feísmo urbanístico sen perder o sentido de humor, tal como se reflicte nos créditos, que hai que ver ata o final.

5 comentarios:

Bibliomanía dixo...

Dende Sanxenxo desexámosvos un 2011 cheo de novos proxectos e ilusións renovadas!

luca dixo...

Gústame moito o video de Inés-Marta-Yago (este ten o mérito de non facer nada, que ás veces tampouco é fácil).
Levan camiño de cineastas.
Bo ano 2011
Luz

Biblioafonso dixo...

Interesante traballo e espléndida inicitiva. Parabéns.

Luz Valencia dixo...

Que ben que a xente nova aprecie o que de bó había no pasado!
Well done!
PD: Yago, segue así, chegarás lonxe...
Luz Valencia

Mar dixo...

Divertidísimo e moi orixinal o vídeo. Sodes moi creativas! Por certo, fixástesvos en que dende os prismáticos que hai no antigo mirador ao mar, do casco vello,enriba da Pedra, o que se pode ver agora é o "i" de Media Markt? (iso sí, logo de introducir o euro correspondente).
Yago: que foi?