28.1.10

Cumprimos 3 anos

O 30 de xaneiro de 2007 botou a andar este blog que naceu coa vocación de servizo á comunidade educativa e de difusión da nosa cultura. Ao longo destes tres anos vimos cumprindo, con maior ou menor acerto, unha dobre función: por unha banda, dar a coñecer as nosas actividades, ofrecendo a posibilidade de interactuar con nós a través dos comentarios, e, por outra, poñer a disposición de todos vós unha serie de recursos educativos a través da nosa barra lateral.
Longa está a ser esta andaina dun blog que naceu pequeniño e que medra cada día grazas a vós. Pouco a pouco fómolo enchendo e perfeccionando, incluso unha vez chegamos a ser finalistas do Premio Edublogs.
Aproveitamos para lembrar tamén os blogs que naceron deste: o blog do club de lectura e o do proxecto interdisciplinar, así como os blos dos profesores e profesoras aos que lles picou o gusaniño blogueiro e lles axudamos a crear os seus propios blogs. Agradecidísimos estamos por poder ser útiles. Agradecemos tamén aos blogs das bibliotecas escolares galegas as súas aportacións, a súa paciencia cando tivemos problemas e aí estiveron para botar unha man, e, sobre todo, os seus amigables comentarios.
Lembramos agora, a través deste enlace, a primeira noticia, a do alumbramento, que promocionaba "o libro do mes", unha actividade que segue viva no noso centro, que contribuíu á difusión de moitas lecturas e ao incremento do número de lectores, que foi o primeiro paso para a creación dos clubs de lectura, a implantación da "Hora de Ler" e ao mesmo tempo foi unha actividade pola que se interesaron moitos outros centros.

8 comentarios:

Ronsel dixo...

Parabéns por un aniversario que é só unha pequena parte dun espello máxico do traballo e da lectura, o xermolo dun futuro que agardamos máis xusto. Unha aperta por cada ano e unha amizada para a vida.

Anónimo dixo...

Pois happy birthday to you! Espero que cumplades moitos máis e que sigades sendo unha parte tan importante da actividade do insti.
Gustaríame animar aos profes e profas (sobre todo aos que están aprendendo/practicando inglés con Maya) para que aproveitedes a oportunidade de utilizar os fondos de libros en inglés da biblio, non son só para o alumnado!
Admíntese suggestions para a compra de libros.
Bicos
Luz V

Biblioafonso dixo...

Con tres aniños e xa tan maduro... Con tres aniños e xa todo un exemplo...
Con tres aniño e abrindo o camiño...
Parabéns (... e que cumpra moitos máis)

Anónimo dixo...

Congratulations! I really hope that this inatiative keeps growing and getting more people involved (both teachers and students alike) and that it becomes a beacon to other schools and projects.

Danilo dixo...

Recibide os parabéns dun exalumno de hai moitos anos cando non había blogs nin marabillas semellantes.

O Segrel do Penedo dixo...

Nunha semana de tanta actividade, case que me perdo a felicitación a un dos nosos blogues amigos... Sería imperdoable, non si?

Feliz aniversario que esperamos sexan moitísimos máis porque a blogosfera é moito máis fermosa dende que vós formades parte dela.

Feliz Día da Paz!!

Mar dixo...

Parabéns polo aniversario e que cumpla (cumplades) moitos máis.
Vexo que a maneira de celebrar o acontecemento foi continuando as actividades que reflexades no blog: visita de Rosa Aneiros, celebración do día da Paz... non parades! Así crece de forte o blog!

conchitina dixo...

Pouco teño que engadir aos parabéns xa recibidos, so que sigades traballando co mesmo entusiasmo e que toda a vosa sabiduria, poidades compartila con aqueles/as que damos os primeiros pasos en isto do blog.
Teño que dar as grazas a Beni, pois xa me adicou algo do seu tempo, para ir tirando nesta nova etapa da miña vida de blogueira