Hoxe a Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre o impulso que as bibliotecas escolares galegas lle estan dando ao desenvolvemento das capacidades lectoras. Para a reportaxe contaron coas experiencias de varios centros da Comunidade, e o noso foi o elixido para contar a experiencia do club de lectura. Na entrevista contamos como escollemos os libros e organizamos as sesións, pero tamén as outras actividades que realiza o club (teatro, lectura de poesía, rutas literarias, encontros con escritores na nosa lingua, colaboración con outras actividades do centro...) que non aparecen recollidas na reportaxe, supoñemos que por falta de espazo. Deixamos aquí os enlaces da reportaxe.
Grazas a todos os/as que vos facedes eco desta nova difusión do traballo das bibes galegas.
7 comentarios:
Sois estupendos y un ejemplo para muchos. Enhorabuena.
Cando se cre no que se fai e se pon traballo e ilusión, as cousas funcionan.
Ánimo e que siga o clube adiante!
Sempre gusta ler noticias así referentes aos centros de ensino público para que vexan que se se quere que funcionen, funcionan!
Avante toda, Beni e o resto
Parabéns!!!!. Alédame moito ver que a prensa se fai eco do bo facer da vosa biblioteca. Disfrutade moito e a seguir lendo.
Saúdos
Sodes unha bomba mediática!!!!. Parabéns dende Pontevedra.
Bo traballo, continuade así, "viento en popa a toda vela".
Estupenda a elección dos libros, por certo.
E despois da Voz... o mundo mundial!!
Parabéns
Publicar un comentario